Get your own - Open publication
6426 items (0 unread) in 186 feeds
Tonecho A: pero hai algho máis típico ghalegho que unha lavadora tirada no monte?
Dende logo aínda temos moito que percorrer ata chegar aos 45 anos de servizo de Don Francisco, aínda que pode que algún este xa moi preto de conseguilo...
Acaba de saír o programa do congreso na súa modalidade presencial, onde foron admitidas as 3 ponencias que presentei xunto con vario@s centaur@s. Trátase dunha comunicación sobre a experiencia dos "2000 anos por correo", outra sobre o "Proxecto Chiron" e unha terceira sobre "Aulas virtuais: deseño de un curso de latín", onde expoño o meu traballo coa plataforma moodle.Será en Santander o sábado 28 de xuño de 10 a 11 horas, na sesión S28A2, e espero que o doctus magister e o artifex Dedàl estean conmigo no rostra de Santander. 

Onte concluíron os actos da X edición das xornadas de divulgación histórica romana de Tarraco Viva, que tiveron lugar durante os días 15 a 25 deste mes de maio de 2008.
Lonxe daquela onda de erotismo que nos invadía, agora son as TICs as que preparan o seu desembarco na Gallaecia.
Hai agora un ano, Chiron outorgou os seus primeiros "Centauros de Ouro" a tres alumnos de Bacharelato que se distinguiran pola súa dedicación ás linguas clásicas a través dos seus respectivos blogs. E desexo de Chiron dar continuidade a este galardón simbólico para fomentar as linguas e cultura clásicas a través de Internet entre os nosos estudiantes. E volvemos facelo hoxe, día adicado a Internet. Así, outórgase un simbólico "Centauro de ouro" aos seguintes blogs:
http://homobonusperitusdicendi.blogspot.com
de Jaume, alumno de 1º de bacharelato que cursa Latín e Grego
http://sogradargos.blogspot.com
blog colectivo sobre referentes clásicos, mantido por alumnos de 2º de bacharelato dos Institutos Violant de Casalduch (Benicàssim), Vila-Roja (Almassora) e Joanot Martorell (Elx).
Con exemplos así, todos sentímonos ilusionados en canto ao futuro das clásicas. Como hai un ano, gustaríanos que os galardonados comentaran as súas inquedanzas, as súas ilusións, a súa paixón polo mundo grecolatino, etc. Quizais contribúan con isto a espertar futuras vocacións entre compañeiros seus máis novos.
O "Centauro de ouro" enviarase aos premiados, para que poidan insertalo no seu blog. ¡Noraboa a todos! CHIRON desexa agradecervos desta maneira o voso esforzo.
Na edición de hoxe do diario el País, podemos atopar estas dúas boas noticias, unha, o descubrimento un novo busto de César, quizais o que reproduce con maior acerto os seus rasgos físicos, e a segunda, a decisión da Generalitat valenciana de solicitar a "inexecución" da sentencia do Supremo, que obrigaba á revertir as obras realizadas polos arquitectos Grassi e Portaceli.



Esta é a proposta de Itinerarios do MGB para o vindeiro curso, presentada no Claustro a semana pasada. Recordemos que a nova asignatura de latín de 4º contará con 3 horas de docencia e a Cultura Clásica con 2 horas, pero agora se os alumnos a collen en 3º non a poden volver coller en 4º.Vemos ao latín situado na primeira columna do Itinerario nº2, encamiñado ao bacharelato humanístico-social. Quizais deberían figurar tamén como obrigatorias as materias da primeira columna nos itinerarios 2 e 3, tal e como se fai no itinerario número 1.Fixen esa reflexión en voz alta no Claustro, sin chegar a formular unha proposta concreta, pero puiden ver que a xente non estaba pola labor. Suporía facer uns itinerarios "moi pechados". Iso foi o que me responderon. Unha vara de medir para o itinerario de "ciencias" e outra para o de "letras" e o "terminal". Tamén comentouse o novo e esperpéntico sistema de paso de 1º de Bacharelato a 2º de Bacharelato. Polo visto agora vaise poder pasar ata con 4 asignaturas suspensas e logo cursalas ao mesmo tempo que se fai 2º. Iso se o horario do centro o permite.Cabe maior despropósito¿¿ Por se non fose pouco dano a un sistema educativo que debería premiar o esforzo e o estudio, e non supeditarse ás combinacións e permutacións da sempre voluble mente do alumno (este ano estudio, este non...), agora aínda por riba vai haber discriminación por centros!!. Un alumno pode pasar de curso e acollerse a este sistema, pero outro doutro instituto non pode porque o seu horario non llo permite. Que disparate.Un premio para a insigne mente que pariu semellante falcatruada!!Ou como dicía a raíña de Alicia...."QUE LLE CORTEN A CABEZA...!!" 
Xa pasaron dous anos dende a famosa proposta de Carlos e cada vez falta menos para que veña outro verán que recorde a aquel do 2006, onde, unha vez superada a sorpresa inicial perante as asombrosas destrezas de "copiar e pegar" que para nós tiña preparadas a astuta Circe, imitamos os costumes dos nativos britanos, sentándonos a modo de histórico conciábulo na herba de Oxford.
Dende logo non se pode negar que estamos ante un ano electoral. Caucus nos USA, precampaña en España, eleccións na SEEC, eleccións en SEECGalicia o vindeiro 15 de febreiro.
Despois de ler o artigo publicado no diario El País na edición do pasado domingo e escoitar as razóns dos arquitectos que levaron a cabo a reconstrucción do teatro de Sagùnt, un xa non está tan seguro da súa opinión anterior, que calificaba esta reconstrucción de desacertada (o certo foi que cando visitei Sagùnt hai anos sorprendeume o agresivo da intervención).Agora sei por exemplo que se se levase a cabo a orde do tribunal o teatro volvería efectivamente a ser outra vez unha ruína, ¡pero unha ruína inventada, xa que o estado anterior procedía de varias reconstruccións efectuadas nos anos setenta!E ademais, como apunta o arquitecto Portaceli, "si se pierde el teatro de Sagunto, ¿que se gana¿ Guste o no guste es una infraestructura que ha cambiado Sagunto". E deste afirmación poden dar fe todos os colectivos culturais ligados ao recinto, e os miles de persoas que enchen a súa cavea ano tras ano. Uns deles nós, que visitaremos Sagùnt no mes de abril, representación teatral incluída (esperemos...) no marco no noso proxecto dos "Dos mil años por correo".Pode ser interesante facer chegar esta problemática aos nosos alumnos. Para facilitar esa labor podedes descargar a reportaxe en formato *.pdf dende aquí.
¿3.000€ por unha pizarra dixital? Pois o "rato Paco" dende Palmeira di que por só 60€ podemos montarnos unha no noso centro. ¿Que necesitamos?
Como un novo Catón non podo máis que unirme a ese clamor procedente da antiga Tarraconensis e que se escoita mesmo dende a lonxana Gallaecia.