Podemos observar a similitude regular entre palabras pertencentes a un mesmo paradigma, neste caso, o dos numerais:
Español: un, dous, tres.
Inglés: one, two, three.
Ruso: odin, doa, tri.
Grego: ena, deu, tris.
Sánscrito: eka, dvi, tri.
Bretón: unan, daou, tri.
Lituano: viens, du, trys.
A similitude é evidente, e non casual, sobre todo se os comparamos cos mesmos números noutras familias lingüísticas:
Bantú: emu,bili,satu (un, dous, tres).
Náhuatl: ce, ome, yei.
Arabe: wahad, tnan, talata.
Vasco: bat, bi, iru.Chinés: yi, nin, san.
Indonesio: satu, dua, tiga.
A comparación de linguas, entón, permite reconstruír cómo podería ser esa primitiva lingua da que procederían as arriba mencionadas. A esa lingua se lle denomina indoeuropea. Como tal, é unha reconstrucción, máis ou menos similar a que se falou en realidade en época prehistórica. No século XIX lingüístas como Franz Bopp, Alexander von Humbolt e Jacob Grimm realizaron un estudio comparado dos principais sistemas lingüísticos falados en Europa (a excepción do lapón, o finés, o húngaro e o vasco). A partir dunha correlación de formas lingüísticas, sobre todo de paradigmas gramaticais (sistema de desinencias verbais, etc), este método comparativo deduciu un parentesco entre esas linguas que implicaba a necesidade lóxica dunha orixe común. Noutros termos, as actuais "linguas-fillas" europeas teñen unha mesma "lingua-nai": o indoeuropeo. Foi un descubrimento capital, que enlaza o máis antigo pasado prehistórico co actual presente.
O termo "indoeuropeo", non foi a única denominación que se deu a esta lingua reconstruída. Tamén se usaron os termos indoxermánico, que aínda segue en uso, sobre todo en Alemania, e “arios”. As connotacións desta última palabra son evidentes.
Ademais dun amplo conxunto de lingua hoxe en día desaparecidas (ilirio, macedonio, hitita, tocario, véneto, tracio-frigio etc.), a familia das linguas derivadas do indoeuropeo común comprende as formas arcaicas das linguas indioarias (sánscrito, hindi, pali, antigo persa), así como o grego, o albanés e a totalidade das linguas eslavas, bálticas, célticas, xermánicas, o grego e as linguas itálicas, entre elas, o latín.
O tronco indoeuropeo preséntase así agrupado nunha serie de familias diferenciadas:
En Europa:
Linguas románicas: (procedentes do latín) español, catalán, galego-portugués, francés, italiano, provenzal, romanés, sardo, romanche.
Linguas xermánicas: Inglés, alemán, sueco, noruegués, danés, islandés, holandés, flamenco.
Linguas célticas: irlandés, escocés, bretón, galés.
Linguas eslavas: ruso, ucraíno, bielorruso, checo, eslovaco, serbocroata, esloveno, polaco, búlgaro.
Linguas Bálticas: Lituano, letón.
Outras linguas indoeuropeas: Albanés, grego, armenio.
En Asia temos:
Linguas indo-iranias: persa, sánscrito
Linguas anatólicas: hetita, hurrita.
Outras linguas: tocario.
A Urheimat
Unha lingua non é unha burbulla na nada. Evidentemente, supuña a existencia dun pobo primitivo (os lingüístas alemáns o denominaban "Urvolk", e así se sigue a usar na xerga dos indoeuropeístas), un asentamento ou patria primitiva orixinaria ("Urheimat") onde se falaría esa lingua orixinal (Ursprache), dos dialectos da cal derivan as linguas indoeuropeas históricas.
Innumerables polémicas, nas que nunca estiveron ausentes as implicacións políticas, se mantiveron sobre a cuestión da orixe ou da Patria Ancestral dos indoeuropeos. Se defenderon todas as hipótesis, ata a do polo norte.
As propias palabras que podemos reconstruír do Indoeuropeo comparando as linguas derivadas constitúen o primeiro punto de partida para situar a patria orixinaria indoeuropea. Numerosas linguas indoeuropeas utilizan palabras semellantes para designar os mesmos animais: o oso, o lobo, o castor, o esquío, o salmón, o cervo; as mesmas árbores: bidueiro, haxa, salgueiro; e outros termos xerais: mel, frío xeo, neve, lago, auga. Non hai palabra común para o mar, pero sí para ríos e lagos. A partir da comparación destas palabras da natureza, conclúese que o indoeuropeo común comprendía unha serie de termos que designaban unha flora, unha fauna e un clima propio das rexións mornas, máis húmidas que secas e máis frías que calorosas e de interior, lonxe do mar. Todo isto suxire sen dúbida que os dialectos indoeuropeos, antes da súa dispersión, eran falados por individuos que habitaban unha rexión templada, boscosa e continental".
A hipótese máis extendida na actualidade, e corroborada pola arqueoloxía, é a dunha "Urheimat" situada na Rusia meridional. Otto Schrader presentouna por vez primeira en 1890, seguido por V. Gordon Childe (The Aryans, 1926), e o prehistoriador español Pedro Bosch-Gimpera, quen, en 1961, no seu libro
Os indoeuropeos, escribiu: " O indoeuropeo é un pobo nacido dentro do neolítico, e as súas primeiras representacións materiais evidenciadas pola arqueoloxía -datadas aproximadamente no V milenio aC- son estritamente neolíticas. Este rol parece corresponder a certos grupos étnicos do sur da Rusia contemporánea". Así continúa a crerse por Francisco Villar (1991).
A idea dunha Patria Orixinal nas estepas do Sur de Rusia foi

particularmente defendida pola arqueóloga Marija Gimbutas nos seus traballos publicados dende 1954. Ela identificaba a cultura indoeuropea coa cultura Kurgan, unha cultura neolítica seminómada cuxa característica maior era a construcción de túmulos funerarios, "kurgan" en ruso. O mapa mostra a primeira extensión desta cultura Kurgan desde o Sur de Rusia. Para Gimbutas, son indoeuropeos os pobos nómadas desta cultura kurgan, que a partir do cuarto milenio antes da nosa era penetran na cunca do Danubio procedentes do Leste e someten ás culturas balcánicas veteroeuropeas, caracterizadas por seren matriarcais, e a cunca mediterránea. A cultura kurgan sería, por tanto, de natureza indoeuropea, e os seus representantes serían considerados os primeiros indoeuropeos.
Grazas ao seu carácter nómada pastoril, e sobre todo a doma do cabalo e segundo parece, logo, ao uso de carros lixeiros de combate, os pobos indoeuropeos foronse extendendo en sucesivas oleadas, primeiro sobre a cultura neolítica agrícola da Antigua Europa, e logo, por Asia e de novo polos puntos cardinais europeos.
A hipótese da orixe indoeuropea nas estepas do sur de Rusia é a máis extendida pero non é a única: a idea dunha orixe "asiática" dos indoeuropeos, avanzada en 1888 por Max Müller recuperouse nos últimos anos grazas aos avances da lingüística soviética e actualmente, xeorxiana protagonizada polos investigadores Gamkrelidze e Ivanov, que deron apoio á hipótese do norte da península anatólica.
Durante boa parte de finais do XIX e principios do XX, a hipótese máis extendida en cambio, era a que vinculaba á patria orixinaria dos indoeuropeos (chamados arios), con Alemania. A raza indoeuropea, considerada superior, tiña entón o seu xerme e continuidade en Alemania, e o seu deber era dominar o resto das razas inferiores, sobre todo as semíticas. (e aos eslavos, olvidando que estes tamén eran tan indoeuropeos como eles, aínda que segundo os nazis, de peor calidade). Este apresurado resume do racismo nazi en relación co indoeuropeo, polo menos, debería dar moito que pensar sobre a inocencia e uso que poden ter os avances científicos, nalgunhas ocasións, e nalgunhas mans...
Un enlace excelente para introducirse no mundo do indoeuropeo:
[colfa.utsa.edu] .