6426 items (0 unread) in 186 feeds
En Europa:
A Urheimat
Unha lingua non é unha burbulla na nada. Evidentemente, supuña a existencia dun pobo primitivo (os lingüístas alemáns o denominaban "Urvolk", e así se sigue a usar na xerga dos indoeuropeístas), un asentamento ou patria primitiva orixinaria ("Urheimat") onde se falaría esa lingua orixinal (Ursprache), dos dialectos da cal derivan as linguas indoeuropeas históricas.
particularmente defendida pola arqueóloga Marija Gimbutas nos seus traballos publicados dende 1954. Ela identificaba a cultura indoeuropea coa cultura Kurgan, unha cultura neolítica seminómada cuxa característica maior era a construcción de túmulos funerarios, "kurgan" en ruso. O mapa mostra a primeira extensión desta cultura Kurgan desde o Sur de Rusia. Para Gimbutas, son indoeuropeos os pobos nómadas desta cultura kurgan, que a partir do cuarto milenio antes da nosa era penetran na cunca do Danubio procedentes do Leste e someten ás culturas balcánicas veteroeuropeas, caracterizadas por seren matriarcais, e a cunca mediterránea. A cultura kurgan sería, por tanto, de natureza indoeuropea, e os seus representantes serían considerados os primeiros indoeuropeos.Durante boa parte de finais do XIX e principios do XX, a hipótese máis extendida en cambio, era a que vinculaba á patria orixinaria dos indoeuropeos (chamados arios), con Alemania. A raza indoeuropea, considerada superior, tiña entón o seu xerme e continuidade en Alemania, e o seu deber era dominar o resto das razas inferiores, sobre todo as semíticas. (e aos eslavos, olvidando que estes tamén eran tan indoeuropeos como eles, aínda que segundo os nazis, de peor calidade). Este apresurado resume do racismo nazi en relación co indoeuropeo, polo menos, debería dar moito que pensar sobre a inocencia e uso que poden ter os avances científicos, nalgunhas ocasións, e nalgunhas mans...



Non podía faltar neste blog, por suposto, o legado de Roma visto desde a óptica dos Monty Python:
Continúa no Museo Británico a excelente exposición sobre o emperador Adriano "Hadrian, Empire and Conflict", que comezou o pasado 24 de xullo e rematará o 26 de octubre.
Publius Aelius Hadrianus (AD 76-138), emperador romano procedente da Bética, foi considerado pola tradición como un gobernante culto, que escribía poesía, amaba o mundo clásico grego e fomentaba a arquitectura. Na actual visión sobre a súa figura influíu a novela "Memorias de Adriano" (1951), de Marguerite Yourcenar, traducida excelentemente ao castelán polo escritor Julio Cortázar, que afianzou esta imaxe excesivamente intelectualizada do emperador. Presentar os contornos políticos, astutos e belicosos é o obxectivo desta exposición.
Adriano sucedeu a Trajano, outro emperador hispano, no ano 117 e mantivo o loureiro sobre a súa cabeza durante 21 anos. O imperio romano tiña entón a súa máxima extensión: ía de Escocia ao Sahara e do Atlántico ao Eufrates. No seu centro estaba Roma, a maior cidade do Mediterráneo, sede imperial e do Senado, cun millón de habitantes, entre eles numerosos gregos e escravos de todos os cantos do imperio Adriano dedicouse a consolidar ese territorio, sen novas conquistas e con algunha retirada estratéxica. Sacou as tropas de Mesopotamia (o actual Iraq) debido ás continuas revoltas, polo cálculo do guerreiro. Facíase necesaria a retirada para inverter o esforzo militar noutro lugar, a provincia de Xudea, que se levantara en armas. Segundo Opper, comisario da exposición, Adriano non era só un apaixonado da cultura grega, senón tamén un "líder militar moi capaz" e mesmo desapiadado como demostrou ao reprimir a sangue e lume o grande revolta que estalou en Xudea cando ordenou reconstruír Jerusalén, destruída por Tito nos anos setenta, como unha cidade grega, algo que os xudeus consideraron unha profanación. Cando o emperador soubo da revolta, ordenou as lexión veciñas que atacasen os xudeus, que foron acorralados nas montañas e expulsados definitivamente de Xerusalén, a cal pasou a chamarse Aelia Capitolina, mentres que a antiga provincia de Xudea foi substituída polas de Siria e Palestina.. 580.000 rebeldes xudeus, segundo as crónicas da época, morreron nese ano 132 nun levantamento sofocado de xeito despiadado. Os superviventes dese masacre refuxiáronse nunha cova do deserto; as súas posesións serían despois descubertas en perfecto estado, tal como hoxe se mostran nesta exposición e que serven para documentar ese lado máis brutal de Adriano. Falouse moito do carácter defensivo da estratexia imperial de Adriano, pero como continúa a explicar Opper, o emperador comprendeu que o Exército chegara coas últimas conquistas de Traxano ao límite das súas posibilidades e agora tocaba "consolidalo e reforzar, mesmo físicamente, con murallas, as súas fronteiras.
O emperador Adriano é unha figura que fascinou os intelectuais de todos os tempos: dende o gran humanista e Papa Silvio Piccolomini (Pío II), que dirixiu en 1461 unha expedición para investigar as ruinas da súa vila en Tívoli, ata a mencionada Marguerite Yourcenar. Thorsten Opper, comisario da exposición, explicou que se reuniron 170 pezas procedentes de 31 coleccións de 11 países, entre elas as do Prado e o Museo Arqueolóxico de Sevilla, pero tamén de Israel, moitas das cales non foran prestadas antes.
A exposición do Museo Británico está dividida en varias seccións, a primeira das cales tratará da súa familia e outras persoas do seu ámbito, incluído Antinoo, un novo de grande beleza ao que converteu no seu amante e ao que deificou como Osiris despois de que ese se afogase no Nilo. A segunda sección, titulada 'Guerra e Paz', presenta ao emperador como emperador itinerante, visitando as provincias en dúas longas viaxes que ocuparon case a metade do seu reinado, reuníndose cos membros das elites locais, ou, na súa faceta máis belicosa, reprimindo as revoltas estaladas o mesmo en Judea que noutro extremo do Imperio, nas illas británicas.
Outra sección está dedicada, segundo explica Opper, ás súas grandes construcións arquitectónicas, dende o Panteón, a cúpula do cal inspirou a outras ao longo dos séculos -a de Brunelleschi na catedral de Florencia ou a de San Pedro no Vaticano ata a da Sala de Lectura do propio Museo Británico-, ata o seu Mausoleo, hoxe o Castel Sant'Angelo, tamén en Roma.
A devandita exposición reúne ademais 170 obxectos dunha trintena de museos seleccionados con enorme intelixencia e un gusto exquisito, entre eles pezas xamais mostradas ou inéditas en Europa. O caso paradigmático é o dos fragmentos dunha estatua colosal de Adriano, de mármore, achados o pasado agosto na escavación de Sagalassos (suroeste de Turquía), antiga capital da provincia de Pisidia. Os restos, que hai un ano aínda estaban baixo terra, inclúen a extraordinaria cabeza, un pé calzado con sandalia e un brazo. Outros achados arqueolóxicos recentes que recolle a exposición son os interesantísimos da escavación (2007) do Antinoeion, o templo consagrado por Adriano ao seu amante na súa inmensa vila de Tibur (Tívoli).
A exposición inclúe esculturas (entre elas dúas dos tres únicos retratos en bronce que se coñecen de Adriano, o do campo lexionario de Tel Shalem, en Xudea, e o soado de Britania, sacado do Támesis), camafeos, inscricións, moedas, armamento (como o marabilloso ielmo Ribchester, o ornamentado casco de parada dun xinete auxiliar), elementos arquitectónicos, pinturas, a estimulante Copa Warren, con escenas de sexo gai, e outras cousas que parecen sinxelas ante tanta magnificencia, pero que producen un estremecimento inenarrable de emoción porque nelas revélase o pasado especialmente vívido: un fragmento de papiro do poeta Pankrates co texto do poema sobre a cacería do león en que participaron na súa viaxe a Exipto Adriano e o seu amante Antínoo, outro fragmento cunhas liñas do que se cre é o único anaco da perdida autobiografía do emperador e unha baldosa na que mesmo quedou impresa a pegada da sandalia dun lexionario.



O salvaxismo da loita que reflicten ás lanzas traseiras queda subliñado pola escea das cinco sabinas que separan aos dous guerreiros en primeiro plano e tentan ao mesmo tempo protexer inútilmente aos nenos. O cadro está cheo de brutalidade abigarrada. A figura ergueita do soldado romano, co seu escudo redondo, ofrece tamén contraste coa desprotección aparente do sabino da esquerda. Os desnudos masculinos foron moi criticados na época, porque ofrecían pouca verosimilitude aos espectadores. A mesma pouca verosimilitude que os rostros de época, con esas enormes e aristocráticas patillas, e as túnicas de seda das mulleres sabinas, un gorro frixio típico da revolución na beira dereita do cadro, na punta dunha lanza, ou cadanseu adolescente espido nas esquinas do cadro. David non buscaba ofrecer tanto un estudio anatómico -él mesmo dicía que iso xa o fixera mellor no cadro dos Horacios- canto unha reflexión sobre a necesidade da guerra entendida como construcción para a comunidade. De non parar a brutalidade, non haberá nenos aos que protexer e alimentar. Non haberá futuro. Non haberá pobo.
Napoleón negouse
a posar. Non podía perder o tempo desa maneira. En realidade, ambos tiñan a idea da capacidade que podía posuír aquela pintura para crear todo un símbolo que o trascendera.Cando David lle pediu que se tomase unhas horas para posar ante él, Napoleón respostoulle:

Aquí tienes las intrucciones para añadir a tu blog el botón de adhesión a Χείρων·Chiron.
