Volta á normalidade
Ao longo de dous días, Chiron estivo inaccesible por culpa do ataque dun hacker. Durante unha parte dese tempo, cando se intentaba o acceso ao portal, aparecía unha páxina de contido pornográfico. Este feito resultounos especialmente penoso, dentro dun contexto xeral deplorable, porque sabemos que moitos alumnos visitan Chiron con frecuencia. Esperamos que todos saberán comprender as circustancias.
Dende Chiron, queremos agradecer moi sinceramente as mostras de apoio, solidariedade, comprensión e ánimo que, en moi poucas horas, foron chegando aos blogs de diversos chironianos. Sentímonos arropados, queridos e estimulados. Seguro que todo este infortunado suceso producirá bens tanxibles. O primeiro, en forma de unidade, ya se produciu.
Grazas a todos.



Enviar un comentario novo